Pacto dixital
da nosa familia
Marca as normas que queirades acordar e irán aparecendo aquí.
Non se trata de prohibilo todo nin de deixalo todo. Trátase de acompañar: saber que usan, pactar normas e estar aí cando algo sae mal.
Nos centros educativos de Galicia o uso do teléfono móbil durante a xornada lectiva está restrinxido: só se pode usar con fins didácticos e cando o autoriza o profesorado. As normas concretas do IES están nas súas Normas de Organización e Funcionamento.
Para o traballo en clase, os cursos con Edixgal usan ordenador e aula virtual. Ese ordenador é unha ferramenta de estudo: as normas da casa tamén lle afectan.
En España, a idade mínima para que un menor poida consentir por si mesmo o uso dos seus datos persoais (e, por tanto, abrir unha conta nunha rede social) é de 14 anos. Por debaixo, fai falta o consentimento da familia.
Sextorsión: se alguén ameaza con difundir unha imaxe íntima se non paga ou envía máis, non pagar, non enviar nada, gardar as probas e pedir axuda no 017 (INCIBE) e na Policía. A vítima non ten culpa ningunha: o importante é que o conte canto antes.
Os chatbots e xeradores de imaxes xa forman parte do día a día de moitos adolescentes. Ben usados axudan a aprender; mal usados, poden facer moito dano.
Algunhas aplicacións ofrecen conversar coma se fosen un amigo ou unha parella. Poden enganchar e non substitúen a unha persoa. Se un adolescente lle conta os seus problemas a un chatbot e non a ninguén máis, é un sinal para achegarse a el ou ela.
Seis afirmacións. Verdadeiro ou falso? Faino co teu fillo ou filla: dá para unha boa conversa.
0 de 6
1/6En España pódese abrir unha conta nunha rede social sen permiso da familia desde os 12 anos.
A idade para consentir o uso dos propios datos é de 14 anos. Por debaixo fai falta o consentimento da familia.
2/6Se un adolescente borra unha foto que subiu, desaparece para sempre.
Abonda cunha captura de pantalla para que siga circulando. O que se sube, queda.
3/6Crear unha imaxe sexual falsa dun compañeiro con IA pode ser delito, aínda que sexa «de broma».
É unha forma grave de acoso e violencia, e pode ter consecuencias penais tamén para menores.
4/6Se alguén chantaxea con difundir unha foto íntima, o mellor é pagar para que pare.
Pagar non o para: piden máis. Non pagar, gardar as probas e pedir axuda no 017 e na Policía.
5/6Usar a IA para que explique un tema doutra maneira é un bo uso para estudar.
Si: axuda a entender e a practicar. O problema é entregar como propio un traballo que fixo a IA.
6/6Deixar o móbil no cuarto pola noite non afecta ao sono se está en silencio.
A tentación de miralo e a luz da pantalla atrasan o sono. Mellor cargalo fóra da habitación.
Mellor que impoñer normas é acordalas, poñelas por escrito e revisalas cada certo tempo. Marcade xuntos as que queirades, engadide a vosa, e imprimide o pacto para colgalo na neveira. Non se envía nada: queda no voso navegador.
Pacto dixital
Marca as normas que queirades acordar e irán aparecendo aquí.
0 normas no voso pacto
Se preferides unha ferramenta máis completa, a Asociación Española de Pediatría ten o Plan Dixital Familiar.
A ANPA organiza charlas sobre estes temas, como o obradoiro de uso saudable da tecnoloxía con Antonio Rial Boubeta. Se queres propoñer un tema ou un relator, escríbenos a anpaiesollosgrandes@gmail.com.