ANPA Ollos GrandesIES Nosa Sra. dos Ollos Grandes · Lugo

← Todos os avisos

Convocatoria

Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA

Contas, actividades do curso 2025-26, plan de benestar dixital, graduacións e renovación da Xunta Directiva.

Cando
martes, 4 de novembro, ás 17:00
Onde
Salón de actos do IES

Convócase ás familias socias á Asemblea Xeral Ordinaria o martes 4 de novembro de 2025 no salón de actos do IES Ollos Grandes, ás 17:00 en primeira convocatoria e ás 17:15 en segunda.

Orde do día

  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Informe sobre xestión económica:
    • Presentación de contas: número de familias socias, ingresos por cotas, orzamento do curso 25-26 e aplicación dos fondos.
    • Estado do proceso xudicial de reclamación dos fondos da Asociación retirados en 2022.
  3. Proposta de actividades para o curso 2025-26. Plan de benestar dixital.
  4. Actos de graduación de 4º de ESO e 2º de Bacharelato.
  5. Renovación da Xunta Directiva.
  6. Rogos e preguntas.

Lugo, 24 de outubro de 2025. Xunta Directiva da ANPA IES Ollos Grandes.

Outros avisos