Inscrición na ANPA para o curso 2026-27
A cota é de 15 € por familia e ano. Podes facer a inscrición polo formulario web e pagar por transferencia.
Prezadas familias:
A ANPA representa ás familias ante o Consello Escolar e ante o equipo directivo do IES, difunde información de interese por correo electrónico e por unha listaxe de difusión de WhatsApp, e recolle suxestións, queixas e propostas que, tras analizalas e debatelas se fai falta, e gardando a confidencialidade necesaria, traslada ao centro. Tamén intentamos estar ao tanto das novidades lexislativas e canalizar as peticións de información das familias.
A cota anual para asociarse é de 15 € por familia. Pódese pagar por transferencia á conta da ANPA:
- Caixa Rural (Avda. Fontiñas): ES16 3070 0030 1863 5642 3621
Se o prefires, podes darnos os teus datos polo formulario web en lugar de cubrir a ficha en papel que vai no sobre da matrícula.
Todos os pasos están en Asóciate.